Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Derrame Rock fecha cartel mentres Cultura Quente fica sen concertos

RIANXO PRESENTA A SúA REDE DE MúSICAS SOLTAS PARA 2013

O Derrame Rock fecha cartel mentres Cultura Quente fica sen concertos

MISCELáNEA | marzo 18, 2013

imaxe non dispoñible

Un total de 34 grupos visitarán Oira o vindeiro mes de xuño na edición deste ano do Derrame Rock, que se presentou esta fin de semana. Con Los Suaves como anfritións, Agnostic Front (NY), Mojinos Escocíos, Def Con Dos, Reincidentes, La Pegatina, Narco, Lendakaris Muertos ou El Reno Renardo participarán no encontro, entre moitos outros. Fronte a esta abundancia de grupos, o Cultura Quente de Caldas recuncará de novo este ano nunha edición na que non haberá concertos. A crise apúntase de novo como responsable do decline dunha cita que se consolidara como unha das principais do verán galego.

Pola súa banda, a Central Folque anuncia a celebración en Rianxo do ciclo Rede de Músicas Soltas, que se desenvolverá desde abril ata o vindeiro mes de novembro e que achegará un concerto ao mes no auditorio local. Sérgio Tannus Trio, Davide Salvado ou Fred Martins e Ugia Pedreira participan no encontro.