Chega o Galician Connection 2013
marzo 1, 2013
A Consellaría de Cultura presentaba onte o programa do Galician Connection 2013, o encontro de creatividade musical que coordina Cristina Pato. O evento contará desta xeita con Jorge Pardo, o mestre chinés Wu Tong, Omar Sosa, William Harvey, Eliseo Parra e os galegos Víctor Prieto, Rosa Cedrón e Isaac Palacín, e desenvolverase entre os días 18 e 21 de abril. No programa están previstos encontros cos participantes e ensaios, ademais dun concerto, unha jam session (Vermú Connection) e mais un obradoiro centrado en son, iluminación e ténica.
De xeito paralelo, e tamén na Cidade da Cultura, celebrarase o 18 de abril un Foro de Emprendimento Cultural no que participarán Joaquín Martínez, Laura Freid, William Harvy e representantes do Womex.