Marcos Teira presenta Flamenco Translations Solo Guitar
decembro 18, 2012
Doce versións en guitarra flamenca de clásicos como La flor de la canela, Alfonsina ou mesmo Day Tripper, dos Beatles. Esta é a última proposta de Marcos Teira, que acaba de lanzar Flamenco Translations Solo Guitar. O disco autoeditado fai parte do proxecto didáctico deste músico Flamenco Translations, que consiste en obradoiros, un método de ensino e mais unha serie de CDs que comezan con este.
O disco recupera o repertorio do disco promocional Alhambra Acoustic Sounds que o músico galego gravou para a marca de guitarras Alhambra e que tamén viu a luz este mesmo ano.
Teira iniciará o vindeiro mes de xaneiro unha sala de concertos en pequenas salas para presentar o seu último traballo.