Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Chega o IX Día do Orgullo Gaiteiro

EMILIO DO PANDO E RUBéN GONZáLEZ PROTAGONIZAN A EDICIóN

Chega o IX Día do Orgullo Gaiteiro

FOLK | decembro 10, 2012

imaxe non dispoñible

O Día do Orgullo Gaiteiro, a celebración que a aula de música tradicional Gomes Mouro organiza cada ano en Ourense, chega á súa IX Edición os vindeiros 13, 14 e 15 de decembro. Emilio do Pando, recuperador do birimbao en Galicia e mais o artesán e gaiteiro Rubén González serán homenaxeados nesta xeira. Ademais, haberá conferencias como a de Cástor Castro sobre O gaiteiro de texas, un curso de gaita de fol, concertos e obradoiros. Tamén se presentará Sanfonices, libro CD de homenaxe a Faustino Santalices que edita Difusora.