Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Recuperan 720 cantigas recollidas por Casto Sampedro

O CONCELLO DE REDONDELA PUBLICA DOUS VOLUMES SOBRE ESTE INVESTIGADOR

Recuperan 720 cantigas recollidas por Casto Sampedro

FOLK | decembro 4, 2012

imaxe non dispoñible

Un estudo realizado por Xabier Groba, permitiu recuperar dos arquivos do Museo de Pontevedra 720 cantigas populares que recollera Casto Sampedro entre finais do século XIX e comezos do XX. Casto Sampedro e a música do Cancioneiro Galego de Tradición Oral, editado en dous volumes polo Concello de Redondela achega, canda a este material clasificado e editado, información histórica de contexto sobre a recollida. A publicación intégrase nas celebracións que está desenvolver o Concello polo 75 cabodano de Caso Sampedro, autor do Cancioneiro Galego, e que inclúen unha exposición, charlas e concertos.

DOCUMENTO