MAGHúA PROTAGONIZA O RETORNO DA PUBLICACIóN LOGO DE VARIOS MESES
Sons da Galiza, 25
decembro 3, 2012
Cun certo atraso sobre a edición habitual, a revista Sons da Galiza chega co seu número 25, que corresponde aos meses de setembro, outubro e novembro. Os pandeireteiros de Maghúa ocupan a portada e boa parte dos contidos da entrega, que recolle tamén amplas reportaxes sobre o Festival de la Luz, Music Way, ou os novos traballos de Uxía e mais de Abóbriga.