Ti estás aquí > Inicio / / O sector musical galego contará cun espazo propio no Womex 2014
O sector musical galego contará cun espazo propio no Womex 2014
decembro 3, 2012
Faltan case dous anos pero o proxecto comezou ese sábado no Culturgal. Foi alí onde se presentaron as primeiras cifras do proxecto de Womex 2014, que terá lugar do 22 ao 26 de outubro dese ano en Santiago de Compostela. Non se trata só dun evento musical, senón que é a feira que dará cabida a 2.500 asistentes dun centenar de países. Os organizadores desa cita relevante para a música e a cultura galega explicaron que 70% do custe para a realización do da feira se destinará á contratación de empresas e de profesionais de Galicia. Ademais, o sector musical galego contará, como mínimo, cun escenario propio programar. A cita constitúe un fito para a promoción e internacionalización da música do país.
A cita estase a preparar, entre outras entidades, por Nordesía e pola Fundación Cidade da Cultura, que acollerá parte das actividades previstas. En total, cinco días de actividades, showcases, presentacións e espazos promocionais para dar a coñecer as últimas tendencias musicais.
Tamén che pode interesar:
- 21/ 7/ 2023 | A Xunta seleccionará 10 proxectos musicais para exhibición no Focus Galicia 2023
- 20/ 10/ 2008 | Dezasete empresas e os festivais galegos representarán a nosa música no Womex
- 15/ 9/ 2008 | Galicia estreará stand propio no Womex baixo o selo Galician Tunes
- 23/ 10/ 2007 | O festival Womex de Sevilla contará con representación galega