Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Un libro, un disco e un estudo recuperan o Granell músico

O PROXECTO MINIATURAS DE EUGENIO GRANELL: MúSICA REVELADA CONMEMORA OS CEN ANOS DO PINTOR

Un libro, un disco e un estudo recuperan o Granell músico

MISCELáNEA | novembro 12, 2012

imaxe non dispoñible

Miniaturas de Eugenio Granell: música revelada é o proxecto co que se recupera a descoñecida faceta de compositor do pintor galego. A iniciativa comprente un libro que recollerá as partituras inéditas de Granell que se descubriron nos fondos da fundación. Canda a este volume, un estudo de Sonsoles Hernández analizará a súa creación musical e un disco dirixido polo pianista cubano Alejandro Vargano amosará a sonoridade destas pezas. A Consellaría de Cultura, a Central Folque a Fundación Granell uniron forzas neste proxecto, que sae a coincidir coa celebración do centenario do surrealista. O proxecto presentarase o vindeiro 28 de novembro, e o disco darase a coñecer ao vivo cun concerto na Cidade da Cultura o 2 de decembro ás 19:00 horas.