Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O grupo Castro-Floxo de Ourense leva o premio IAR de Folclore

A ENTREGA DESTA XXI EDICIóN REALIZARASE NUNHA GALA O VINDEIRO 17 DE NOVEMBRO

O grupo Castro-Floxo de Ourense leva o premio IAR de Folclore

FOLK | novembro 12, 2012

imaxe non dispoñible

O prestixioso premio IAR de Folclore foi para o grupo Castro-Floxo de Ourense na súa XXI edición. O galardón, que organiza o grupo de baile IAR da asociación de vecinos de O Castrillón-Urbanización Soto, da Coruña, recoñeceu o traballo dos ourensáns na recuperación do patrimonio inmaterial. Castro-Floxo naceu en 1977 da man do etnógrafo Xaquín Lorenzo, Xocas, e ten na actualidade 1.500 membros. O vindeiro 17 de novembro a Ágora coruñesa acollerá a gala de entrega, na que actuarán o propio grupo organizador e mais o grupo de música tradicional D'Atura.