Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Outono lusófono en Ourense

A CIDADE ACOLLE EN OUTUBRO OS XVIII COLóQUIOS DA LUSOFONIA E O FESTIVAL ESTOU Lá

Outono lusófono en Ourense

MISCELáNEA | setembro 18, 2012

imaxe non dispoñible

Por vez primeira, Ourense será sede dun dos Colóquios da Lusofonia, un encontro centrado na lingua e cultura de fala portuguesa no mundo. Entre o 5 e o 7 de outubro, a vila acolle este evento, que acollerá comunicacións sobre temas educativos, de política lingüística ou sobre Ernesto Guerra da Cal, Valentim Paz-Andrade e Celso Emílio Ferreiro. Estudos sobre tradución, exposicións e números musicais completan un programa que pretende contar con investigadores de Portugal, Brasil, Galicia, e mesmo Alemanha, Bélxica ou Australia.

A coincidir con este evento celébrase o día 6, tamén na cidade das Burgas, o festival musical Estou Lá. Eneida Marta, de Guiné Bissau, Najla Shami e Xoán Curial de Galicia, João Afonso, de Portugal e os brasileiros Couple Coffee compoñen o cartel.