Ti estás aquí > Inicio / / A Filharmonía de Galicia fará 26 concertos na nova temporada
A Filharmonía de Galicia fará 26 concertos na nova temporada
setembro 12, 2012
Esta mañá dábase a coñecer a temporada de concertos do Auditorio de Santiago e da Filharmónica de Galicia. En total serán 33 concertos, dos cales 26 irán a cargo da propia formación residente. Entre as propostas para este período destaca a presenza de coñecidos directores convidados como Christoph König, Manuel Hernández Silva e David Afkha. Canda a eles, participarán nos recitais os pianistas Josu de Solaun, María Joâo Pires, Ingrid Fliter, Nicolai Lugansky, Kirill Gerstein; os violinistas Frank Peter Zimmermann, Ilya Kahler, Renaud Capuçon; o viola Lawrence Power; os cellistas Daniel Müller-Schott e Nicolas Alstaedt e a soprano Beatriz Díaz, entre outros.
Tamén che pode interesar:
- 10/ 6/ 2024 | A Orquestra Sinfónica de Galicia fará unha xira por España
- 27/ 6/ 2018 | A música inglesa protagonizará a nova temporada da Filharmonía de Galicia
- 2/ 7/ 2015 | Inícianse as tempadas de música clásica
- 18/ 9/ 2013 | A Real Filharmonía presenta a súa temporada de abono
- 28/ 6/ 2013 | Música e palabra fúndense na primeira temporada de Paul Daniel na Real Filharmonía