Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Festicultores Troupe debuta con Sadomusiquistas

O PRIMEIRO DISCO DA FORMACIóN ACHEGA DEZ TEMAS INéDITOS

Festicultores Troupe debuta con Sadomusiquistas

FUSIóN | setembro 7, 2012

sadomusiquistas_festicultores_capa.jpg

Logo de sete anos a animar cos seus directos festas e romarías, Festicultores Troupe debutan no mercado discográfico con Os sadomusiquistas, unha festa dolorosamente pracenteira. O disco achega dez temas inéditos e catro dos xa habituais nas súas actuacións como A Kabra Makabra, mantendo o ton festeiro e de pachanga propio do grupo. A gravación correu a cargo de Tomás Axeitos nos estudios A Ponte. Ademais do formato físico, o volume está dispoñible na rede en plataformas como Spotify,iTunes ou Grooveshark.

Para quen queira coñecer o proxecto ao vivo, as vindeiras citas son o 9 de setembro no San Caralampio de Melide e o 15 de setembro nas festas patronais do Barco de Valdeorras e mais no Festival Paraíso de Monforte.

MULTIMEDIA
Vídeo de presentación de Sadomusiquistas

Tamén che pode interesar:

datos do disco