Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Un espectáculo poético e un concerto festexan o bicentenario do cemiterio de San Amaro

UNHA GUíA E VISITAS PROGRAMADAS COMPLETAN A CELEBRACIóN DO CAMPOSANTO CORUñéS

Un espectáculo poético e un concerto festexan o bicentenario do cemiterio de San Amaro

MISCELáNEA | agosto 21, 2012

imaxe non dispoñible

Os músicos Castro Chané, Marcial del Adalid, Pucho Boedo e os escritores Eduardo Pondal, Manuel Murguía, Pérez Lugín e Curros Enriquez repousan no cemiterio de San Amaro. Un recinto que cumpre 200 anos e que o concello quere celebrar este sábado (25, a partir das 20:00 horas) cun recital musical e un concerto, inspirado nas músicas e letras dos que ali repousan. O espectáculo servirá de presentación de “San Amaro”, unha cancion inédita do músico Xoel López.

Canda o concerto e o recital poético, o concello da Coruña tamén editou unha guía que propón 200 puntos de interese do histórico camposanto divididos en catro itinerarios (un para creadores, historiadores e científicos; outro para os políticos e militares; outro de “segredos” e un último artístico sobre os panteóns máis destacados). Ademais, este sábado tamén se recuperará o programa de visitas guiadas por este cemiterio que se estenden ata o vindeiro mes de decembro.

DOCUMENTO
DOCUMENTO