Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Ribadeo divulga a música clásica con concertos e coloquios

A CITA, QUE CUMPRE SETE EDICIóNS, DESENVóLVESE ATA O VINDEIRO XOVES 16

Ribadeo divulga a música clásica con concertos e coloquios

CLáSICA/LíRICA | agosto 13, 2012

imaxe non dispoñible

Hai sete anos, o pianista Leopoldo Erice (Madrid, 1977) decidiu reservar algúns dos seus días de vacacións en Ribadeo para organizar nesta localidade un certame breve, próximo no que os propios intérpretes dialogasen con público antes do concerto para contribuír a divulgar a música clásica. Fiel a esa fórmula, o Festival Internacional de Música de Ribadeo, cumpre neste 2012 sete edicións. O propio director, agora profesor de música na Universidade Americana de Sharjah (Emiratos Árabes), foi o encargado de abrir a programación este domingo, e tamén pechará o programa tocando xunto coa soprano norteamericana Meghan Tarkington o vindeiro xoves. Entre medias, actuarán o tenor Ángel Rodríguez Rivero e o pianista Juan Antonio Álvarez Parejo e a pianista ruso-española Marianna Prjevalskaia.