Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Agustin León estréase como director de Música en Compostela

A 55 EDICIóN CELEBRARASE ATA O 18 DE AGOSTO

Agustin León estréase como director de Música en Compostela

CLáSICA/LíRICA | agosto 6, 2012

imaxe non dispoñible

Primeiro foi alumno, despois profesor e agora é o novo director do reputado programa de formación Música en Compostela. Agustín León Ara (Tenerife, 1936) estréase este ano como director tralo pasamento de Antonio Iglesias en outubro de 2011. Nesta edición, que fai a número 55, participarán 88 alumnos de diferentes países e bate unha nova marca, ao admitir aos cursos a unha nena de 13 anos. O programa arrincou onte cun acto inaugural no Hostal dos Reis Católicos e estenderase ata o día 18 de agosto.