Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / R e Casa de Tolos colaboran para emitir un centenar de concertos e catro documentais

O PROXECTO FOI IMPULSADO POLO CLúSTER AUDIOVISUAL GALEGO

R e Casa de Tolos colaboran para emitir un centenar de concertos e catro documentais

MISCELáNEA | agosto 2, 2012

imaxe non dispoñible

Música tolemias é o nome dunha canle de subscrición gratuíta na que se poden ver, baixo demanda (VOD) da carta da plataforma de Televisión R 25 concertos gravados en vivo ao longo da xeografía galega e de distintas temáticas musicais. Este proxecto ampliarase en 80 concertos máis grazas a un acordo que asinaron as compañías R e Casa de Tolos, impulsado polo Clúster do Audiovisual (CLAG) baixo o nome de “creación de canles temáticas VOD”. Non será a única colaboración entre estas entidades, xa que coproducirán catro documentais que levarán os seguinte títulos: A música: Alma e Industria, O rock noso de cada día, De voces Ceibés a Milladoiro e Música e lendas arredor das Cíes. Estes catro documentais tamén se poderán ver na canle de subscrición de Televisión R.