Ti estás aquí > Inicio / / A SGAE recadou 19,14 millóns de euros en Galicia no 2011
A SGAE recadou 19,14 millóns de euros en Galicia no 2011
xullo 2, 2012
A diferencia do conxunto español, onde a SGAE perdeu 4.6 millóns de euros en 2011 e tivo que afrontar unha reformulación das contas de 2010 que arroxa unhas perdas de 13,5 millóns, o saldo en Galicia dos ingresos da Sociedad General de Autores y Editores foi positivo. Aínda que a recadación baixou con respecto a 2010 (onde o Xacobeo 2010 elevou moito os ingresos), a entidade rexistrou unha recadación de 19.14 millóns de euros, o que rematar significa un incremento do 3,74% nos ingresos en Galicia.
Nas artes escénicas, os espectáculos máis exitoss foron Hoy no me puedo levantar, Garrick, Los hombres "no" mienten, Golfus Hispanicus, e El musical. Na lista de concertos de música moderna que máis dereitos recadaron, o que sobrancean son os eventos de máis dun día de duración. Destaca o Fresh Weekend de Cerceda (que non se celebrará este ano), os infantís Cantajuegos, Sónar 2011, o Vigo Transforma 2011 e o Rock in way. Na música clásica, predominaron os concertos da Orquestra Sinfónica de Galicia.