Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Coro Lírico Gregorio Baudot levará por Galicia dúas montaxes operísticas con Laura Alonso

A INICIATIVA PRESéNTASE O VINDEIRO 31 DE MAIO NO AUDITORIO DE NARóN

O Coro Lírico Gregorio Baudot levará por Galicia dúas montaxes operísticas con Laura Alonso

CLáSICA/LíRICA | maio 25, 2012

imaxe non dispoñible

Suor Angelica de Puccini, e La Damoiselle Élue de Debussy, son as obras coas que debuta o Coro Lírico Gregorio Baudot. O Auditorio de Narón acollerá o vindeiro 31 de maio a estrea desta formación, que xorde coma unha proposta orquestral privada e que, para alén da xira galega, ten previsto desenvolver diferentes concertos por España e unha xira de dúa semanas por China en 2013. As montaxes que agora presentan contan coa participación da soprano Laura Alonso canda a Elisabeth Filgueira ou Patricia Cupeiro, entre outras, baixo a dirección de Cristina Taboada.

Logo da estrea, a iniciativa poderá verse o 1 de xuño no auditorio de Bandeira, o 3 en Lalín, o 6 en Vigo, o 8 en Vilalba e o 9 en Barcia de Mera.