Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Festival de Música Cidade de Lugo fai 40 anos

OITO CONCERTOS E UN BALLET COMPOñEN O PROGRAMA QUE SE DESENVOLVERá ENTRE O 26 DE MAIO E O 2 DE XUñO

O Festival de Música Cidade de Lugo fai 40 anos

CLáSICA/LíRICA | maio 11, 2012

imaxe non dispoñible

Unha das citas máis veteranas dos sons clásicos en Galicia, o Festival de Música Cidade de Lugo 2012- Semana de Música do Corpus, presenta este ano a súa 40 edición, na que se busca darlle máis protagonismo a formación locais. A Sociedade Filharmónica Lucense coordina un programa que inclúe os concertos de Forma Antiqua, Sergei Yerokhin, a Orquestra Sinfónica de Burgos, o grupo vocal Sólo Voces, La Bellemont, Tercia Realidad e Julia Doley e mais Thomas Demenga & Patrick Demenga. Canda a eles, o programa para nenos achega a actuación da Orquestra de Nenos da Orquestra Sinfónica de Galicia e mais a representación do ballet O Crebanoces a cargo dos alumnos do Conservatorio de Danza de Lugo.

DOCUMENTO