Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Os Seráns do TAC voltan ao Gaiás

INTEGRAN MúSICA CONTEMPORáNEA, MONóLOGOS E GASTRONOMíA

Os Seráns do TAC voltan ao Gaiás

MISCELáNEA | maio 2, 2012

imaxe non dispoñible

O vindeiro 21 de maio comeza na Cidade da Cultura unha nova edición dos seráns do TAC. Desta volta, o Taller Atlántico Contemporáneo achegará, ao longo de cinco concertos, o traballo de Varèse, Schoenberg, Cage, Raquel García Tomás ou Eduardo Soutullo, facendo unha aproximación á música máis vangardista. Cada un dos recitais estará introducido por un monólogo a cargo de Carlos Blanco, Quico Cadaval e Julián Hernández, e completarase coa degustación de tapas de alta cociña a cargo de recoñecidos establecementos como Abastos 2.0, Eirado de Leña, Pepe Solla, Culler de Pau e Yayo Dacosta. As entradas están xa á venda a un prezo de 5 euros.