AGADIC prioriza festivais consolidados nas súas axudas
abril 17, 2012
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria da anunciada liña de axudas a festivais da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC). Tal e como sinalara o seu director, Juan Carlos Fernández Fasero, haberá 180.000 euros para eventos musicais e outros 180.000 para os dedicados ás artes escénicas, sempre que se celebren entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro deste ano. Dentro dos requisitos para acceder á axudas, esíxese que o evento teña realizado polo menos dúas edicións previas, contar cun orzamento mínimo de 50.000 euros, ter mínimo de seis compañías ou grupos, cobrar entrada por cando menos un terzo dos espectáculos e que un 30% das actuacións (ou un 20% do orzamento), sexa corresponder a artistas galegos.
Entre os criterios para outorgar as axudas aténdese a cuestións como o número de espectadores, a orixinalidade e relevancia artística do proxecto, ás estreas ou presentacións de discos que se fagan no mesmo ou as producións ou residencias vencelladas ao evento. Tamén se ten en conta a porcentaxe de orzamento que xorde de fontes públicas e a dependencia destas axudas.
Os interesados en acollerse á convocatoria un mes a contar a partir de mañá para presentar a súa solicitude.