Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Quiosco: Sons da Galiza 21

HEREDEIROS DA CRUS PROTAGONIZAN A CAPA DA REVISTA MUSICAL EN LIñA

Quiosco: Sons da Galiza 21

MISCELáNEA | abril 2, 2012

imaxe non dispoñible

Xa está dispoñible na rede o número 21 da revista Sons da Galiza, correspondente aos meses de marzo e abril. Co retorno de Heredeiros da Crus como bandeira, a nova entrega da publicación atende tamén ao traballo de recreación de roupa tradicional de Patricia González, á presentación do grupo Agrumar, nado na E-Trad de Vigo, e entrevista o pintor Rafael Freijeiro. Unha partitura para gaita e un repaso dos novos lanzamentos discográficos completan o número.