Ti estás aquí > Inicio / / Suspendido o festival Cultura Quente de Caldas
Suspendido o festival Cultura Quente de Caldas
marzo 30, 2012
O concelleiro da área de cultura de Caldas de Reis, Manuel González, confirmou en declaracións para Cultura Galega que o festival Cultura Quente queda “suspendido temporalmente” este ano e que xa comezan a traballar para poder facelo no ano 2013. A situación de axuste económico e aforro na que está o concello é a principal causa desta suspensión xa que teñen que tomar esta decisión “para non ter que suspender outros servizos sociais e optouse por baixar as partidas de festas patronais e do Cultura Quente”. Manuel González afirma que tiveron que tomar esta decisión moi recentemente a pesares de que non estaba prevista xa que tiñan un duro recorte orzamentario este ano e é preciso facer un festival “que manteña os niveis de calidade que ata agora tivo e que dan o prestixio á marca Cultura Quente”. No concello está a elaborar os pregos de condicións para a contratación dunha empresa que leve a organización no 2013 e consideran que a un ano vista poderá acadar tamén mellores patrocinios para completar o orzamento necesario para sacar adiante a que será a décima cuarta edición. O concello estima en 125.000 euros o aforro pola suspensión deste ano.
Tamén che pode interesar:
- 26/ 4/ 2016 | O Cultura Quente colle forzas na súa nova xeira
- 13/ 4/ 2015 | O Cultura Quente dá a coñecer o cartel da súa edición de volta
- 23/ 2/ 2015 | Os concertos voltan ao Cultura Quente de Caldas en 2015
- 24/ 6/ 2009 | New York Dolls e The Wedding Present encabezan os carteis do Cultura Quente de Caldas
- 11/ 7/ 2007 | Os concertos pechan esta fin de semana a décima edición do “Cultura Quente” de Caldas