CONFERENCIAS, UN RECITAL E UNHA CEA SON ALGUNHAS DAS PROPOSTAS DE HOMENAXE AO COMPOSITOR
Comeza en Compostela a Semana Rossiniana
febreiro 28, 2012
A coincidir co aniversario de Antonio Rossini, nado o 29 de febreiro de 1792, a Asociación de Amigos da Ópera de Compostela preparou unha Semana Rossiniana que comeza esta mesma tarde cunha conferencia de Fernando Fraga. A este evento seguirá unha cena centrada na figura do músico, a proxección de Rossini en Versalles e mais un recital no Teatro Principal o vindeiro 2 de marzo, a cargo da mezzosoprano Inès Berlet con Anne Boëls ao piano.
MULTIMEDIA
Semana Rossiniana de Santiago de Compostela