DOCUMENTA A TRAXECTORIA DESTA ENTIDADE CREADA POR FERNANDO VáZQUEZ ARIAS
A Sinfónica de Melide celebra os seus 18 anos cunha publicación
febreiro 6, 2012
Nun municipio con 8.000 habitantes, co único apoio do concello e vencellado a un conservatorio, Fernando Vázquez Arias asumiu o reto de crear a Orquestra Sinfónica de Melide. A formación cumpre neste 2012 a súa maioría de idade. Son 18 anos de traxectoria que recolle unha publicación coa que se pretende documentar a súa evolución. Neste tempo, a formación desenvolveu proxectos como o musical “Gallaecia” ou “Grandes coros de ópera”, entre outras propostas.
Tamén che pode interesar:
- 11/ 11/ 2015 | Fernando Vázquez Arias presenta Caderno para Sofía
- 13/ 3/ 2009 | Arranca en Culleredo o ciclo Grandes coros de ópera
- 6/ 3/ 2008 | Comeza a xira do musical “Galleciae” que mestura tradición galega coa sinfónica
- 15/ 11/ 2007 | A Orquestra Sinfónica de Melide estrea o musical “Gallaecia”
- 20/ 1/ 2006 | A Sinfónica de Melide inicia unha xira que ofrecerá extractos das óperas máis coñecidas