Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Cristina Pato coordina un encontro formativo de carácter internacional no ámbito da música

AS ACTIVIDADES TERáN LUGAR NA CIDADE DA CULTURA ENTRE O 11 E O 13 DE ABRIL

Cristina Pato coordina un encontro formativo de carácter internacional no ámbito da música

MISCELáNEA | febreiro 3, 2012

imaxe non dispoñible

Un equipo de profesorado de luxo (de Chucho Valdés a Guadi Galego, pasando por Wu Tong) coordinado por Cristina Pato. O formato do Galician Connection é de clases prácticas, encontros “cara a cara”, foros e debates participativos e un concerto de clausura no Museo de Galicia. A proposta foi presentada hoxe na Cidade da Cultura, lugar no que se desenvolverá o programa do 11 ao 13.

Os integrantes deste proxecto formativo son, tal e como figura, nunha nota de prensa remitida pola Consellaría de Educación, “Paquito D’Rivera, unha das grandes figuras da música cubana, fundador do grupo Irakere xunto a Chucho Valdés e gañador de múltiples Grammys. Xunto a eles estarán figuras punteiras de músicas tradicionais de China, Asia ou Arxentina como Wu Tong, Sadeep Das ou Emilio Solla e destacados representantes da música galega como Anxo Pintos e Guadi Galego, ademais de directores de festivais internacionais, como o APAP de Nova York, o Festival Internacional de Jazz de Barcelona ou o HUM Ensemble da India”.

Alén do programa formativo, o Galician Connection conta, ademais, con dúas actividades que se abren ao público non inscrito: o Foro Diálogo Intercultural e Desenvolvemento Cultural Sostible, no que se abordará a World Music dende o punto de vista da programación e a busca de novos mercados, e o concerto de clausura no Museo de Galicia. A actividade conta con 50 prazas e ten un custe de 10 euros. A outra actividade é a Galician Connection ao Vivo, un concerto de clausura con todos os músicos convidados, que interpretarán un repertorio orquestrado ao longo dos tres días de convivio no Gaiás. A cita ten un prezo de 12 euros.

DOCUMENTO