Ti estás aquí > Inicio / / Paul Daniel dirixirá a Real Filharmonía co obxectivo de chegar a máis público
Paul Daniel dirixirá a Real Filharmonía co obxectivo de chegar a máis público
xaneiro 26, 2012
Xa se sabía o nome pero faltaba a confirmación definitiva. E chegou onte, coa presentación aos medios de Paul Daniel como o futuro director técnico e artístico da Real Filharmonía. É un nomeamento “de futuro”, porque non exercerá o seu cargo ata o ano 2013. Na súa presentación pública, Daniel agradeceu o posto e estableceu que a súa determinación pasaba por conseguir que o proxecto chegase a máis público. O futuro director chegará a Santiago tras cumprir os contratos en Australia, á fronte da Australian Symphony Orchestra, e substituíra no cargo a Ros Marbá, que levaba 12 anos á fronte da formación.
Tamén che pode interesar:
- 7/ 2/ 2022 | Paul Daniel deixa a dirección da Real Filharmonía de Galicia
- 27/ 6/ 2018 | A música inglesa protagonizará a nova temporada da Filharmonía de Galicia
- 17/ 4/ 2018 | A Real Filharmonía de Galicia estrea dúas composicións de autores galegos
- 2/ 7/ 2015 | Inícianse as tempadas de música clásica
- 18/ 9/ 2013 | A Real Filharmonía presenta a súa temporada de abono