Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Nace a asociación galega de violonchelistas

ORGANIZA O PRIMEIRO CONGRESO QUE TERá LUGAR OS DíAS 25 E 26 DE FEBREIRO

Nace a asociación galega de violonchelistas

CLáSICA/LíRICA | xaneiro 19, 2012

imaxe non dispoñible

Profesores, músicos (tanto amateurs como profesionais), todos aqueles aos que lle guste o violoncello están convidados a integrar a Asociación Galega de Violonchelistas. Trátase dunha entidade constitutída inicialmente por 40 membros e que conta como impulsora e profesora a Carlona Landrischi, profesora do Conservatorio Superior da Coruña. A primeira actividade desta entidade terá lugar os días 25 e 26 de febreiro, no marco dun congreso. A actividade incluirá un concerto, unha clase maxistral , unha sesión monográfica centrada na figura de Enrico Mainardi, unha mesa reonda sobre a situación do violonchelo, así como a primeira asamblea xeral.