Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Nikolai Saratovskii gaña o Concurso de Piano Cidade de Ferrol máis concorrido da súa historia

O PREMIO CONSISTE EN 6.000 EUROS, DIPLOMA E UNHA XIRA DE SETE CONCERTOS

Nikolai Saratovskii gaña o Concurso de Piano Cidade de Ferrol máis concorrido da súa historia

CLáSICA/LíRICA | novembro 28, 2011

imaxe non dispoñible

Do 29 ao 27 de novembro, 51 concursantes procedentes de 18 países estiveron no Teatro Jofre de Ferrol tocando o piano. Foi así como foron superando as diferentes probas dun dos dos certames máis antigos e emblemáticos de cantos se celebran en Galicia: o Concurso de Piano Cidade de Ferrol. Este ano, o gañador foi o pianista ruso Nikolai Saratovskii , que recibiriá 6.000 euros, diploma e realizará unha xira de sete concertos, por convencer ao xurado coa súa interpetación do “Concierto nº3,op. 26 en Do mayor” de Prokofiev. En total, repartirá 25.000 euros en premios nun certame que cumpre as súas vodas de prata.