ÓSCAR IBáñEZ, O FESTIVAL ROCK IN WAY E OS CEMPéS PROTAGONIZAN A NOVA ENTREGA
Quiosco: Sons da Galiza 17
novembro 21, 2011
Continúa a súa andaina Sons da Galiza a revista musical que se publica na rede. No web está dispoñible o número 17, que centra no traballo de Óscar Ibáñez e no retorno de Os Cempés os seus contidos. Canda a isto, o festival Rock in Way ocupa boa parte das páxinas da publicación, con entrevistas a Farruco Castromán, director do evento, Los Chavales, Igloo ou Novidades Carminha entre outros.