Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / As redes de AGADIC programarán 629 espectáculos ata fin de Ano

A ENTIDADE ACHEGARá 665.600 AOS PROGRAMAS DE MúSICA AO VIVO, SALAS E TEATROS E AUDITORIOS

As redes de AGADIC programarán 629 espectáculos ata fin de Ano

MISCELáNEA | agosto 4, 2011

imaxe non dispoñible

Seiscentos vinte e nove espectáculos a cargo de 170 compañías percorrerán o país no marco da Rede Galega de Teatros e Auditorios, da Rede Galega de Salas e mais da Rede Galega de Música ao Vivo. AGADIC anunciaba onte a programación do segundo semestre de 2011, na que investiu 665.000 euros. Das actuacións, 85 corresponden á Rede Galega de Teatros e Auditorios, 233 á Rede Galega de Música ao Vivo e 111 á Rede Galega de Salas. Esta é a primeira vez que as redes se desenvolven co novo modelo de xestión que organiza o apoio aos espectáculos segundo a poboación das localidades.