O festival Rock in Way abre o seu cartel con The Offspring
xuño 22, 2011
The Offspring, Toy Dolls e Rinôçerôse son as tres grandes aposta de Rock in Way, o festival patrocinado por Estrella Galicia que presentaba esta mañá o conselleiro de Cultura, Roberto Varela. O evento, que se celebrará no Monte do Gozo de Compostela os vindeiros 9 e 10 de setembro, incluirá tamén actuacións de Muchachito Bombo Infierno, Sôber, Delorean, Tote King, Las Pelotas ou Triángulo de Amor Bizarro entre outras formacións. Destaca unha selección de grupos galegos que inclúe a Niño Y Pistola, The Blows, Igloo ou Novedades Carminha entre outros, ata un total aproximado de 20 bandas que se distribuirán en dous escenarios. As entradas sairán á venda o vindeiro 28 de xuño cun prezo especial de 29 euros por abono para as primeiras 5.000 vendas.
Tamén che pode interesar:
- 10/ 12/ 2015 | A incorporación de Iron Maiden marca o vindeiro Resurrection Fest
- 4/ 7/ 2013 | O Noroeste Pop Rock recupera o directo para escoller aos grupos participantes
- 5/ 6/ 2013 | O SonRías Baixas completa o seu cartel
- 12/ 8/ 2009 | Unha manifestación protesta na Coruña pola programación do Noroeste Pop Rock