Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Un curso ensinará a estandarizar as formas de preservar a memoria sonora

ESTá ORGANIZADO POLO ARQUIVO SONORO DE GALICIA

Un curso ensinará a estandarizar as formas de preservar a memoria sonora

MISCELáNEA | xuño 9, 2011

imaxe non dispoñible

A dixitalización supuxo unha revolución no mundo sonoro. Multiplicáronse os formatos, popularizouse o sistema e dificultou o almacenamento e arquivo. Para buscar unha forma de preservar a memoria sonora dun xeito unificado, o Consello da Cultura Galega (a través do Arquivo Sonoro de Galicia) desenvolve estes días un curso. A cita comeza hoxe explicando as últimas técnicas de conservación de audio, seguindo as recentes normas da IASA (International Association of Sound and Audiovisual Archives), mentres que a sesión de mañá se dedica á xestión e á organización dos arquivos de audio. As xornadas teñen lugar na sede do Consello (Pazo de Raxoi, s/n, Santiago).