Ti estás aquí > Inicio / / O Festival Cultura Quente deixa de ser de balde
O Festival Cultura Quente deixa de ser de balde
xuño 8, 2011
En ningunha das trece edicións anteriores se cobrou por asistir aos concertos do Festival Cultura Quente, que se celebra cada mes de xuño en Caldas. Pero este ano será diferente, o concello de Caldas aprobou esta medida que implica que a entrada diaria custará 15 euros e o abono completo para os dous días 25. Os grupos confirmados ata o momento son Klaxons, Standstill, Delorean e El Columpio asesino para venres 22; mentres que Kim Jones Revue, Ok Go!, David Fonseca e FM Belfast para o sábado 23. Hai grupos como The Undertones, Deer Tick e Dawes que teñen confirmada a súa presenza pero sen data. A festa de presentación do festival, o vindeiro mércores 15 na Fábrica de Chocolate (Vigo) sí que será de balde.