Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / O Conservatorio de Pontevedra prepara un musical sobre Manuel Quiroga

ESTREARASE O VINDEIRO 14 DE XUñO

O Conservatorio de Pontevedra prepara un musical sobre Manuel Quiroga

MISCELáNEA | xuño 1, 2011

imaxe non dispoñible

A de Manuel Quiroga é unha historia de película. Foi un dos maiores violinistas españoles, que gozou de gran fama internacional ata que, despois de ofrecer un concerto en Times Square, foi atropelado por un camión. Ese accidente afectou aos seus pulsos e nunca máis volveu tocar. Agora, o Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra está a converter a súa historia nun musical. Unhas trinta persoas, entre profesores e alumnos, están a participar neste espectáculo que se estreará o vindeiro día 14 de xuño. O proxecto foi unha idea da vicedirectora do centro Iria Portas que implicou ao equipo docente na iniciativa, xa que o profesor José Pérez compuxo a música e a profesora Liliana Ballarín o libreto.

Tamén che pode interesar: