Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Triángulo de Amor Bizarro lidera as candidaturas aos III Premios da Música Independente

A BANDA GALEGA COMPITE EN NOVE CATEGORíAS

Triángulo de Amor Bizarro lidera as candidaturas aos III Premios da Música Independente

MISCELáNEA | xuño 1, 2011

not_17141.jpg

Álbum do Ano, Canción do Ano, Mellor Artista Español, Mellor Álbum de Rock, Mellor Directo, Mellor Produción Musical, Mellor Videoclip, Mellor Deseño Gráfico e Mellor Fotografía Promocional. A banda galega Triángulo de Amor Bizarro é a que acumula máis candidaturas nos III Premios da Música Independente, que teñen aberto desde hoxe e ata o vindeiro 15 de xuño o prazo de votación a través do seu web. Canda a eles, o grupo Dakidarría opta ao premio ao Mellor álbum de Música Urbana, con Realidades Alienantes, mentres Too many knobs de Colectivo Oruga pode levar o premio ao Mellor álbum de Música Electrónica. No Mellor álbum de Jazz, dúas das cinco candidaturas xorden do noso país. É o caso do Sons-Nús de Maite Dono & Baldo Martínez e mais Zigurat de Abe Rábade.

VIDEO | de la monarquía a la criptocracia