Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Cultura edita un disco de temas tradicionais interpretados por unha soprano

CRISTINA GALLARDO-DOMáS é A VOZ DO PROXECTO LELA

Cultura edita un disco de temas tradicionais interpretados por unha soprano

MELóDICA | abril 4, 2011

imaxe non dispoñible

O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, presentaba esta mañá no Gaiás Lela, un disco no que a soprano chilena Cristina Gallardo-Domás interpreta 14 temas tradicionais galegos. O proxecto, desenvolvido en colaboración coa Fundación Paideia e a Orquestra Gaos, inclúe versións de temas populares adaptados por compositores como Juan Montes, Pascual Veiga, Juan José Castro (Chané), Marcial del Adalid, Andrés Gaos o Luis Taibo. Segundo sinala a Consellaría de Cultura, con esta iniciativa temas da nosa tradición "pasarán a formar parte do repertorio dunha das mellores sopranos do noso tempo, habitual de todos os grandes teatros e festivais internacionais". A edición deste disco inclúese nas actividades do Ano da Música.