Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Real Filharmonía estrea unha peza inédita do pianista e compositor ferrolá José Arriola
A Real Filharmonía estrea unha peza inédita do pianista e compositor ferrolá José Arriola
marzo 31, 2011
A cita inaugural foi onte en Ferrol, cidade na que naceu José Arriola, pero hoxe haberá unha nova oportunidade para escoitalo no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela, 21:00 horas).
Trátase do Concerto para trompa e orquestra que o Consello da Cultura Galega e o Consorcio de Santiago de Compostela recuperaron de entre os documentos que deixou a irmá de Arriola, á súa morte. Músico precoz, alumno de Richard Strauss, foi un destacado pianista na corte do Káiser Guillermo II.
Tamén che pode interesar:
- 31/ 10/ 2024 | José Arriola e as complexas orixes dun xenio musical
- 17/ 11/ 2023 | O Consello da Cultura recupera unha partitura inédita de Antonio Iglesias Vilarelle
- 17/ 9/ 2021 | A Real Filharmonia ofrece 'viaxes' para a súa nova temporada
- 14/ 1/ 2021 | A Real Filharmonía estrea unha obra da compositora galega Sofía Oriana Infante
- 8/ 10/ 2020 | A Real Filharmonía de Galicia comeza a temporada cunha estrea mundial