Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Musiqueoh! busca reunir as diferentes iniciativas sobre música galega da rede

NOTICIAS MUSICAIS, PODCASTS, VíDEOS E IMAXES DE DIFERENTES FONTES REúNENSE NA PáXINA

Musiqueoh! busca reunir as diferentes iniciativas sobre música galega da rede

MISCELáNEA | marzo 25, 2011

imaxe non dispoñible

A música galega ten un novo valedor virtual en Internet coa aparición de Musiqueoh, un agregador de páxinas que falan de música e que nutren a través dos seus fluxos RSS este contedor. En Musiqueoh! podemos acceder aos contidos de páxinas como Malmequer, Komunikando, MeGA (de Culturagalega.org), Galiza Electrónica, Temazo, e-Trad e moitas outras. O obxectivo é presentar de xeito cómodo e compacto as novas que se xeran nas moitas webs en galego sobre música que existen. Musiqueoh actualízase cada hora coas últimas novas. Ademais das novas máis recentes dispón de vídeos e imaxes relacionados coa música, tamén un buscador especializado na música en galego e reúne dous reprodutores dos podcast da Radio Galega Música e dos podcast musicais máis destacados de Podgalego, e por último Verme TV, o xermolo dunha canle de videoclips de música galega.

Ligazóns