Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Yann Tiersen, Vetusta Morla e Russian Red están confirmados para o Vigo Transforma

XOEL LóPEZ, ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS XUNTO CON CATPEOPLE CONFORMAN A PRESENZA GALEGA

Yann Tiersen, Vetusta Morla e Russian Red están confirmados para o Vigo Transforma

POP | marzo 25, 2011

imaxe non dispoñible

É outro dos programas que naceu ao abeiro do Xacobeo e que se continúa para este 2011. Ignacio Santos, director da sociedade que xestiona o Xacobeo, e Roberto Varela, conselleiro de Cutura, presentaron onte a programación desta edición. Un encontro que conta coa presenza confirmada do músico bretón Yann TIersen, os norteamericanos Pains of Being Pure at Heart e os portugueses The Gift. Russian Red, Vetusta Morla e Hola a Todo el Mundo pola banda estatal, mentres que Eladio y los Seres Queridos máis Catpeople completan o lado galego do cartel. Tamén estará Xoel López que aproveitará para presentar algunhas cancións do seu vindeiro traballo. Canda isto, haberá unha serie de concertos gratuitos que contará co apoio de Radio 3 e Mondosonoro. A cita, en Vigo, do 30 de xuño ao 2 de xullo.

Ligazóns