Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Os compositores, músicos e cantantes ocupan o posto 47 das profesións máis contratadas
Os compositores, músicos e cantantes ocupan o posto 47 das profesións máis contratadas
marzo 24, 2011
Das cen profesións máis contratadas en Galicia en 2010, segundo datos do Instituto Galego de Cualificacións (Consellaría de Traballo) que fai públicos o Observatorio da Cultura Galega, hai que chegar ata o posto número 47 para atopar unha relativa ao ámbito cultural. É a que ten que ver co epígrafe de “compositores, músicos e cantantes”. Por detrás dela, co posto 55, están os “actores e directores de cine, radio, televisión e de teatro e asimilados”, e nos lugares 77 e 93 están a de “músicos, cantantes e bailaríns de espectáculos en cabarés e similares” e “fotógrafos e operadores de equipos de gravación en imaxes e son”. As categorías relacionadas co ámbito de cultura suman 4.801 empregos, o que supón o 1.53% do total de contratados en Galicia en 2010.