Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Dous galegos participarán na edición do Sónar que se celebra en Xapón

O HOSTAL DOS REIS CATóLICOS ACOLLERá UN CONCERTO EN BENEFICIO DOS DAMNIFICADOS DE XAPóN

Dous galegos participarán na edición do Sónar que se celebra en Xapón

MISCELáNEA | marzo 24, 2011

imaxe non dispoñible

Logo de cinco anos da súa última visita e malia a situación que está a pasar Xapón nestas últimas semanas, os organizadores do Sónar decidiron manter a celebración da SonarSound Tokyo para os primeiros días de abril. O festival celebrarase tal e como estaba previsto (do 1 ao 3) no marco da sala ageHa (coñecida como Studio Coast) e contará con máis de vinte artistas entre os que estarán os galegosBFlecha e Mwslee. Ademais, a edición galega do Sónar destinará o 25% dos seus ingresos a Cruz Vermella de Xapón. Precisamente esta entidade, en colaboración con dúas músicas xaponesas (a pianista Haruna Takebe e a violinista Kiyoko Ohashi) que viven en Galicia organizan un concerto benéfico a favor dos damnificados esa fin de semana. Será no Hostal dos Reis Católicos e participarán arroupadas por membros da Real Filharmonía de Galicia.

Ligazóns