Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Aerolíneas Federales reúnense para dar dous concertos

O GRUPO VIGUéS ACTUARá EN PERú OS DíAS 18 E 20 DE MAIO

Aerolíneas Federales reúnense para dar dous concertos

POP | marzo 24, 2011

imaxe non dispoñible

O requerimento dun fan e promotor peruano deu en que Aerolíneas Federales, mítico grupo da movida viguesa, volte aos escenarios logo de 15 anos. Será só para dúas actuacións no país andino os vindeiros 18 e 20 de maio. No Perú Aerolíneas federales gozan dunha forte sona ata o punto en que o pasado ano 2005 editouse nese país Alegra la cara - Tributo a Aerolineas Federalesun disco tributo ao grupo no que colaboraron 21 grupos de España, México, Perú, Chile e Arxentina. Os membros da banda, Miguel Costas, Silvino D. Carreras, Luis Santamarina, Coral Alonso e Rosa Costas están actualmente a ensaiar en Vigo o repertorio para a ocasión, pero descartaron a posibilidade de retornar á música de xeito profesional como banda.