Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / O Festival Mozart ábrese ao ballet nunha edición marcada polo recorte orzamentario

UN CENTO DE CORALISTAS PARTICIPARáN NO CARMINA BURANA DE CARL ORFF, QUE ABRE A PROGRAMACIóN

O Festival Mozart ábrese ao ballet nunha edición marcada polo recorte orzamentario

CLáSICA/LíRICA | marzo 21, 2011

imaxe non dispoñible

A coñecida obra Carmina Burana de Carl Orff abrirá o vindeiro 7 de maio unha nova edición do Festival Mozart. Será un concerto especial porque a Orquestra Sinfónica de Galicia dirixirá a máis dun cento de coralistas populares que levan ensaiando desde o pasado mes de xaneiro. O Festival Mozart está este ano está marcado polo recorte orzamentario e a crise económica, aínda que o xerente da Orquestra Sinfónica de Galicia, Oriol Ponsa, non quixo ofrecer cifras exactas. Con todo, o programa mantense fiel á súa orixe operística e mantén programación deste xénero, entre as que destaca O Superbarbeiro de Sevilla, unha versión infantil feita por El Tricicle. Ademais, haberá seis ciclos que sosteñen o resto da programación: Grandes Concertos, En escena, Múica de Cámara , o Festival na Academia (en colaboración coa, o Festival no Mar e o Festival Exprés. Entre as novidades, destaca a incorporación dun ballet á programación. Será un clásico, O lago dos cisnes de Chaikovski, da man do ballet de Ángel Corella. O encontro desenvolverase ata o 25 de xuño.

Ligazóns