Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Estréase a Orquestra Xovigo interpretando obras do compositor galego Fernando Buide

É UN PROXECTO DO CONCELLO DE VIGO E A ASOCIACIóN GALEGA DE MúSICA ATLANTIK MUSIK

Estréase a Orquestra Xovigo interpretando obras do compositor galego Fernando Buide

CLáSICA/LíRICA | marzo 11, 2011

imaxe non dispoñible

Rhapsody in blue é o titulo da composición do galego Fernando Buide coa que se estrea a orquestra xuvenil de Vigo, Xovigo. Con este concerto inaugural (na que tamén se interpetarán unha selección de danzas de Brahms e Dvorak) preséntase ao público esta orquestra xuvenil que se comezou a xestar hai dous anos. A tenencia da Alcaldía do Concello de Vigo e a Asociación Galega de Música Atlantik Musik (AGMAM) son os encargados desta formación que ten finalidade educativa. O concertó será este sábado no auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo.