Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O concello da Coruña esíxelle a Xunta que manteña a axuda á Orquestra Sinfónica de Galicia

A ADMINISTRACIóN AUTONóMICA DECIDIU RECURTAR A AXUDA EN 600.000 EUROS

O concello da Coruña esíxelle a Xunta que manteña a axuda á Orquestra Sinfónica de Galicia

CLáSICA/LíRICA | marzo 8, 2011

imaxe non dispoñible

É a formación máis exitosa de todas cantas hai en Galicia, ademais de ter un público fiel consegue colgar o cartel de “non hai entradas” en numerosas ocasións. A Xunta acaba de anunciar que reducirá a súa axuda a este proxecto en 600.000 euros, o que acaba de enfadar ao concello da Coruña. No último pleno os diferentes partidos políticos (coa excepción do PP) aprobaron unha moción esixindolle á administración autonómica que “rectifique”. Mentres tanto, a OSG continúa coa súa programación e esta fin de semana ofrecerá unha homenaxe ao compositor galego Manuel Balboa.