Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / A galega Lucía Pérez representará a España en Eurovisión

A DO INCIO INTERPRETARá O TEMA QUE ME QUITEN LO BAILAO EN DüSSELDORF

A galega Lucía Pérez representará a España en Eurovisión

MELóDICA | febreiro 21, 2011

imaxe non dispoñible

Por vez primeira, unha voz galega representará a España no Festival de Eurovisión. Lucía Pérez, nada no Incio, impúxose aos seus competidores ao obter o 68% dos votos da audiencia na final para seleccionar a delegación española no evento. A galega interpretará o tema Que me quiten lo bailao, composto por Rafael Artesero. A final do festival celebrarase o vindeiro 14 de maio en Düsseldorf, Alemaña.