Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A música en galego dase cita no foro Percebe Son

ARTISTAS E DIVULGADORES COMO XURXO SOUTO, SERGIO LAGO OU XOCAS LóPEZ PARTICIPAN NO EVENTO

A música en galego dase cita no foro Percebe Son

MISCELáNEA | febreiro 17, 2011

not_18417.jpg

O IES Audiovisual de Vigo acolle Percebe Son, un foro dedicado á música en galego que se celebra hoxe. O encontro inclúe un coloquio no que participan Xurxo Souto, a rapeira Aíd, Tonhito de Poi, Sergio Lago (de toupa.net), e Xocas López, da empresa de xestión cultural Eme2 e batería de The Homens. Ademais, desde o propio evento retransmitirase o programa Planeta Furancho e celebraranse actividades de Galeoke, billarda e proxeccións de videoclips. Un concerto acústico de Ataque Escampe e outro a cargo de Som do Galpom, Terbutalina e Marxe Eskerda completarán a xornada.

Ligazóns