Ti estás aquí > Inicio / / Galicia Classics achegará 30 concertos con algúns dos mellores directores do momento
Galicia Classics achegará 30 concertos con algúns dos mellores directores do momento
febreiro 7, 2011
As sete cidades de Galicia acollerán ao longo deste ano trinta concertos no marco do ciclo Galicia Classics. O programa, que presentaba este sábado a Consellaría de Cultura, quere achegar ao noso país algúns dos directores de orquestra de maior renome da actualidade, como Daniel Baremboim, Georges Prête, Essa Pekka-Salonen ou Yuri Simonov entre outros. A iniciativa recolle o traballo realizado co nome de Xacobeo Classics en 2010 e contará coa presenza de orquestras de renome como a Filharmónica de Moscú e a da Scala.