Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Igloo suma o Maketón Estrella Galicia aos seus premios

GLASSONION, MOON CRESTA, A AGEM OU MIGUEL COSTAS TAMéN FORON GALARDOADOS

Igloo suma o Maketón Estrella Galicia aos seus premios

MISCELáNEA | decembro 27, 2010

imaxe non dispoñible

A sala Ensanche de Vigo acollía, na noite do pasado 23 de decembro, a entrega dos premios da música Maketón Estrella Galicia. Na gala, o grupo Igloo sumou un novo galardón ao seu palmarés ao ser considerado o mellor directo dun grupo local. Pola súa banda, Moon Cresta fíxose co premio ao mellor disco, Glassonion o da mellor maqueta e Miguel Costas o da mellor traxectoria musical de Vigo. A Asociación Galega de Empresas Musicais, foi recoñecida co Premio Especial 2010, mentres outra estatuíña ía para o produtor Fran Álvarez polo seu traballo nos estudios Metrópolis.